Description
VINIFICACIÓN:
Maceración de pastas polo sistema tradicional. Fermentan todas as variedades en conxunto a temperatura controlada.
NOTAS DE CATA:
Vermello rubi con reberetes avermellados.Capa media-alta. É intenso no nariz e resulta tremendamente limpo e afroitado. Notas florais de inicio que se tornan nunha froita vermella definida e fresca cun certo deixe balsámico e herbáceo.
Na boca resulta rico e fresco. A súa acidez, perfectamente integrada, a súa lixeireza e baixo grao de alcohol convérteno nun magnífico compañeiro na mesa. Final afroitado e herbáceo cunha persistencia media.Bébese con moita ledicia e facilidade
NOTAS TÉCNICAS 2012:
Variedades: Caiño: 30%; Sousón: 30%; Brencellao: 10%; Mencía: 20%; Garnacha: 10%.
Gradación alcohólica: 1,2 vol.
Grao de acidez: 5,00 gr/l., expresado en tartárico.
Azucres redutores: 1,5 gr/l.
Corcho Natural Calidade Primeira
Estas catas son de webs e revistas especializadas, xa que os adegueiros adoitamos louvar en demasía os nosos viños. Querémolos moito. A cata sería sempre referida a unha añada e eu diría que a unha botella. Que cada un o tome á temperatura que mellor lle conveña, co que lle pete e cando lle pete. Os consellos que veñen dos que saben non sobran. Aconsello que se tomen en boa compaña; sabe mellor, e non nos esquezamos de que ás veces a soidade tamén é boa compañeira. Disfruten do viño como fago eu co meu traballo. Sexan felices!