Sameirás

Viña do Avó Blanco

Por que “Viña do Avó”?

Dende sempre contei coa axuda inestimable de Manuel, o avó do meu fillo, un home que dedicou toda a súa vida á viticultura; vive sempre para a viña. Nunca lle pasou pola cabeza facer outra cousa. Hoxe, con 83 anos, segue  arqueando os sarmientos e atándoo os bacelos e atándoos con vimbios de xeito maxistral. Este home admirable e traballador incansable é merecente dun viño, Viña do Avó, e nas súas dúas versión, a branca e a tinta. Que menos!

“Viña do Avó” nace en 2005 coa colleita de 2004, e ao ano seguinte o seu irmán branco.

.

Description

VINIFICACIÓN:

Maceración de pastas en frío e lías. Fermentación controlada

 

NOTAS DE CATA:

Limpo, brillante, de color amarelo con escentileos dourados, de intensidade media; marcado carácter afroitado, notas de mel e flores amárelas; intenso equilibrado, ben estruturado e con persistencia duradeira.

 

NOTAS TÉCNICAS 2012:

Variedades: Treixadura: 65%; Godello: 20%; Torrontés: 5%.

Grao Alcohólico: 13 vol.

Acidez:  5,80 gr/l., expresada en tartárico.

Azucres redutores: 2,3 gr/l.

Elaboración: Maceración de pastas en frío e lías en doce. Fermentación controlada.

Corcho Natural Calidad Primera

 

Estas catas son de webs e revistas especializadas, xa que os adegueiros adoitamos louvar en demasía os nosos viños. Querémolos moito. A cata sería sempre referida a unha añada e eu diría que a unha botella. Que cada un o tome á temperatura que mellor lle conveña, co que lle pete  e cando lle pete. Os consellos que veñen dos que saben non sobran. Aconsello que se tomen en boa compaña; sabe mellor, e non nos esquezamos de que ás veces a soidade tamén é boa compañeira. Disfruten do viño como fago eu co meu traballo. Sexan felices!