Description
VINIFICACIÓN:
Maceración de pastas sistema tradicional. Fermentan todas as variedades en conxunto a temperatura controlada
NOTAS DE CATA 2012:
Vista: Vermello picota con reberete violáceos. Limpo, brillante, coas mellores características dun viño xove de capa alta e bágoa densa con pouco arrastre de color.
Nariz: De boa intensidade e franca. Moi expresiva, chea de froita vermella en sazón. No seu arrecendo combínanse con equilibrio e forza as notas frutais, as florais (malvas e lilas), loembranzas lácticas e toques balsámicos.
Boca: Ten unha entrada que resulta gorentosa e que nada máis entrar nela manifestase saborosa, de media estrutura e corpo con amplitude, con apuntes torrados. Un tanino que é pura seda, moi polido, de boa acidez e remate de media persistencia, fresco e frutal.
NOTAS TÉCNICAS 2012:
Souson 40%, Caiño 30%, Brencellao 20% y Outras 10%.
Grao Alcohólico: 12,20 vol.
Acidez: 5,80 gr/l., expresada en tartárico.
Azucres redutores: 1,8 gr/l.
Elaboración: Maceración de pastas sistema tradicional. Fermentan todas as variedades en conxunto a temperatura controlada.
Corcho Natural Calidad Super
Desta colleita elaboráronse 6.000 botellas.
Estas catas son de webs e revistas especializadas, xa que os adegueiros adoitamos louvar en demasía os nosos viños. Querémolos moito. A cata sería sempre referida a unha añada e eu diría que a unha botella. Que cada un o tome á temperatura que mellor lle conveña, co que lle pete e cando lle pete. Os consellos que veñen dos que saben non sobran. Aconsello que se tomen en boa compaña; sabe mellor, e non nos esquezamos de que ás veces a soidade tamén é boa compañeira. Disfruten do viño como fago eu co meu traballo. Sexan felices!