Sameirás

Sameirás Blanco

Por que “Sameirás”?

É unha zona do Concello de Ribadavia, divisoria entre as parroquias de Santiago de Esposende e Santo André de Camporredondo.

O actual viñedo ata 1999 estaba formado por 23 parcelas, 7 delas pertencentes ao pobo de Santo André, denominadas O Porto, e as outras 16 ao veciño Esposende, onde a zona se coñece como Sameirás.

Mercar 23 parcelas a outros tantos propietarios non é tarefa doada en Galicia; non sempre se poden mercar as cousas con diñeiro. Para catro delas foi preciso recorrer ao troco. Cantos rompedeiros de cabeza para termos o ditoso  Sameirás! Moitas vivencias fixeron que este lugar se gravase no noso maxín dunha maneira especial. Como as uvas procedentes deste viñedo podían elaborar un viño que se chamase doutro xeito! Coido que este é o máis acaído.

Primeiro foi o viño, tanto branco como tinto, pero como chamarlle á adega onde elaboramos o Sameirás? Está claro: Adega Sameirás.

Description

VINIFICACIÓN:

Maceración de pastas en frío e lías en doce. Fermentación controlada

 

NOTAS DE CATA 2012:

Vista:  Limpo e amarelo verdoso brillante con algún escentileo dourado e bágoas de boa densidade.

Nariz: De intensidade media, franco, cun marcado carácter froiteiro (froitas brancas), e notas de fiuncho e loureiro, herba cortada, lías e algunha lembranza  cun aquel meloso. No seu conxunto, agradable e expresivo.

Boca: Ten unha boa entrada, de boa amplitude, estrutura e algo lambereteiro, coas mesmas notas que xa nos anunciaba o nariz: afroitada, dunha estimable frescura grazas a súa boa acidez, eun remate de boca persistente, con lembranzas cítricas e algún amarguexo.

 

NOTAS TÉCNICAS COLLEITA 2012:

Treixadura 55%,   Albariño 20%, Godello 12%,  Lado 8%,  Loureira 2%, Torrontes 2%, Caiño banco 1%.

Grao Alcohólico: 13,20 vol.

Acidez: 5,8 gr/l. expresada en tartárico.

Azucres redutores:  1,6 gr/l.

Elaboración: Maceración de pastas en frío e lías en doce.Fermentación controlada.

Corcho Natural Calidad Super

Elaboráronse 30.000 botellas numeradas.

 

Estas catas son de webs e revistas especializadas, xa que os adegueiros adoitamos louvar en demasía os nosos viños. Querémolos moito. A cata sería sempre referida a unha añada e eu diría que a unha botella. Que cada un o tome á temperatura que mellor lle conveña, co que lle pete  e cando lle pete. Os consellos que veñen dos que saben non sobran. Aconsello que se tomen en boa compaña; sabe mellor, e non nos esquezamos de que ás veces a soidade tamén é boa compañeira. Disfruten do viño como fago eu co meu traballo. Sexan felices!