Sameirás

1040

Por que “1040”?

É un número, pero non calquera.  Foron precisas tres vendimas para lograr este viño. Non foi algo improvisado nin casual; quería facer algo diferente que rachase o concepto de que a Treixadura ten que ser a uva maioritaria no Ribeiro. Quixen que neste viño estivesen presentes as que eu considero as catro maiores variedades galegas, e sen privilexios cara ningunha, desde a máis absoluta imparcialidade, deixamos como bo pai, que manifestasen cadansúa cualidade. Preocupábanos especialmente  o Godello que sempre se manifestou moi explosiva; a floral Albariño non tería problemas, pero que sería da sutíl Treixadura e o elegante Lado. Portáronse  ben; eu non agardaba menos de todos eles, porque son os mellores.

Un viño diferente debera ter tamén un nome propio, mellor un número, 4 x 25, que fai referencia a que son catro variedades ao 25%. Pero tamén na elaboración seremos orixinais. Será en barricas de carballo e desde a metade da fermentación, e esta ímola definir cando a densidade do mosto acada 1.040. Foron moitas as veces que cando Álvaro me dicía que lembrase que cando chegase o mosto a 1.040 o pasase ás barricas, eu lle dicía que o 1.040 xa estaba nas barricas, e esquecémonos de 4 x 25.

Description

VINIFICACIÓN:

Maceración de pastas en frío e  lías en doce.Fermentación desde densidade 1.040 en barricas de carballo. Fermentación controlada de lías e permanencia de seis meses en barrica.

 

NOTAS DE CATA:

Vista: De color amarelo con abondo ton dourado salferido de dalgunhas notas versos. Limpo, brillante e glicénico.

Nariz:De media intensidade. Franca, con certa complexidade. Un estupendo tratamento da crianza que se percibe de maneira moi discreta, deixando todo o protagonismo á froita (froita branca de óso e pela de mazá verde) con notas florais, herbáceas, lías, lambereteiro , e un fino toque afumado.

Boca:  Ten boa entrada, con paso untuoso, de boa estrutura, máis ben seco, con lembranzas a lías, e boa carga foiteira, especiado, con un certo amarguexo, dunha acidez estupenda, un largacio final e fresco.

 

NOTAS TÉCNICAS COLLEITA 2012:

É  Treixadura, Albariño, Godello e Lado, a partes iguais.

Grao alcohólico: 13, 30 Vol.

Acidez: 5,9 gr/l., expresada en tártarico.

Azucres redutores: 2, 2 gr/l.

Elaboración: Maceración de pastas en frío e lías en doce. Fermentación desde densidade 1.040 en barricas de carballo controlada. Traballo de lías.

Corcho Natural Calidade Super

Desta colleita elaboráronse 3.500 botellas numeradas.

 

Estas catas son de webs e revistas especializadas, xa que os adegueiros adoitamos louvar en demasía os nosos viños. Querémolos moito. A cata sería sempre referida a unha añada e eu diría que a unha botella. Que cada un o tome á temperatura que mellor lle conveña, co que lle pete  e cando lle pete. Os consellos que veñen dos que saben non sobran. Aconsello que se tomen en boa compaña; sabe mellor, e non nos esquezamos de que ás veces a soidade tamén é boa compañeira. Disfruten do viño como fago eu co meu traballo. Sexan felices!