Sameirás

Viña

A Viticultura

En Adega Sameirás  non só herdamos a tradición dos nosos devanceiros na elaboración do viño, tamén nos foi transmitido o respecto polo medio e deles recibimos un importantísimo legado de variedades de viníferas con cadanseu clon, que trataremos de conservar para as xeracións que nosn han suceder.

As variedades de uva branca dos nosos viñedos son Treixadura, que supón un 55% do total dos cultivos; o Albariño, co 20%; o Godello, co 10%; o Lado, co 10%; a Loureira, co 2%; o Caiño branco, co 2%, e o Torrontés ,co 1%,

No que fai ás tintas, o Sousón supón un 40%; o Caiño Tinto un 30%; o Brencellao o 10%; a Mencía o 10%, mentres que o restante 10% repártese entre a Carabuñeira, Castañal, Araúxa e o Ferrón.

Por mor da variedade das terras, en Adega Sameirás traballamos con seis portainxertos que utilizamos segundo o tipo de terra e a súa afinidade a cada variedade.

Ao ser a Treixadura a variedade maioritaria, traballamos con cinco clons distintos, e é a Lado, con só dous clons, a de menos diversidade.

Continuando coa tradición seguimos atando os bacelos con vimbio e os gromos con rafia e xunco, materiais que unha vez que deixan de cumpriren as súas función convértense en materia orgánica. Aínda que o viñedo non precisa de gran cantidade de abono o pouco que utilizamos é orgánico rico en oligoelementos.

Só se realizan os laboreos imprescindibles tratando de conservar a estrutura e a vida da terra. Nesta faceta conviven a mecanización actual coas vellas eixadas que realizan os labor de máis precisión.

Gardamos o máximo respecto co medio, mantendo a integridade do solo e a súa actividade microbiana, deixando escorregar a vida, utilizando só o circio tratamento, sen herbicidas nin insecticidas, evitando o uso de produtos sistémicos e penetrantes. Este é o noso xeito de facermos as cousas, con moito tino e rigor.

Na vendima só recollemos os acios máis maduros, quedando os que teñan a mínima sombra de verdor para posteriores vendimas, xa que realizamos unha media de tres por viñedo, polo que esta adoita oscilar entre 30 e 40 días.

Non temos mesa para a escolla, xa que non vemos a súa utilidade. Pero realizamos unha vendima escolmada. Desta maneira as uvas secas ou estragadas, ou as follas, quedan na viña pasando a formar parte da materia orgánica.

Á  nosa adega só chegan caixas de uvas inmaculadas no seu momento óptimo de maduración e recén cortadas. O tempo que vai  desde uns minutos a un máximo de dúas horas é o que tarda en pasar á prensa desde que se corta.

As variedades de uva plantada e as nosas terras condicionan o perfil dos nosos viños, que só a antollosa natureza pode modificar facendo que cada ano sexan lixeiramente diferentes.

Como viticultores que somos non só nos preocupan as nosas vides senón tamén toda a fauna e flora. Non queremos facer uso de palabras que están moi de moda na mercadotecnia do viño, nin de certificacións, somos moi esixentes, porque practicamos unha viticultura con sentidiño. O noso traballo está para ver.

 

Nosos Viñedos

Posuímos seis has de viñedo formadas por sete parcelas: O Cotiño, O Forte, O Naranxo, A Horta, Sameirás e o Troque na parroquia de Santo André, e a Abeleira na veciña Ribadavia. Están atópanse en altitudes que van desde os 95 ata os 290 metros sobre o nivel do mar, en terreos con distintos tipo de solo, nos que predominan o xisto de pizarra evoluída coa presenza de moito seixo e croio, sobre todo en Santo André, e de tipo areoso granítico en Ribadavia.

A idade das cepas está comprendida entre os 70 anos, as de máis idade, e as máis recentes plantadas nos últimos  15 anos.

Es sin duda nuestro patrimonio más importante, lo forman siete parcelas que de mayor a menor son las siguientes:

 

Sameirás

sameiras

 

Esta parcela de 2,5 Has., e que dá nome aos nosos viños e adega, está situada na marxe esquerda do río Avia a unha altitude que vai dos 95 aos 110 metros. Desde as ribeiras do Avia  e ata uns 300 metros atopámonos cun solo que é de xistos moi degradados mesturado con areas e seixo que vén da montaña máis próxima. A partir duns tres metros de profundidade atopamos abundante croio e terras de aluvión propias da zona. Na parte máis alta está a zona granítica.

Rodeada dun frondoso bosque de carballos e piñeiros de gran porte que a protexen das xeadas e ventos fai que teña un microclima excepcional, no que todas as variedades se desenrolan óptimamente.

Nesta plantación con orientación Norte-Sur estamos a implantar un persoal marco de plantación con carreiros alternos de 2,30 x 0,90 m. e 1,30 x 0, 90. O motivo deste marco é o de alternar os carreiros polas que pasa a máquina con outras nas que non se laborea nin se pisa. Mantemos nelas a flora e a fauna propias do viñedo. Polo seu especial mciroclima nela plantamos todas as nosas variedades, tanto brancas como tintas.

 

O Forte

Esta parcela cunha superficie de 2 Has. está situada a unha altitude entre os 250 e 290 m. nunha depresión no alto da montaña que divide os vales do Avia e Miño a uns 1.700 metros do Avia e 2.100 do Miño, protexida polos ventos do Sur polo alto de San Cibrao e do norte polo de Santa Bárbara.  O solo é de xistos moi degradados como toda a montaña na que atopa. Polo tipo de solo e especiais características de máxima insolación tratamos de facer unha especial xestión da auga creando dous planos, un con orientación norte, e o outro sur, para dividir as canles de auga e que esta discorra manseliñamente sobre o terreo favorecendo o rego e evitando a erosión. As diferenzas de altitude sálvanse  con seis bancais, conseguindo así un solo practicamente chao, para favorecer esa absorción da auga da chuvia e evitar a erosión. Non nos gustan as localización nin dos nutrentes nin da auga. Así logramos que as nosas plantas teñan un sistema de radículas amplo na procura de auga e o alimento facéndoas m áis resistente ao estrés hídrico. Por esta razón preocúpanos especialmente a xestión da auga xa que o Ribeiro é unha das zonas máis secas e cálidas de Galicia. Dentro do Ribeiro, a zona onde se atopan os viñedos, na marxe esquerda do Avia, é especialmente máis seca.

movil R 239

Este  viñedo plantouse con orientación norte-sur e un marco de plantación de 2, 30 x 0, 90. Debido a súa altitude as variedades brancas Treixadura, Albariño, Godello, Lado, Caiño e Loueira e rente dun noiro con orientación sur unha fileira dun clon dunha variedade tinta o CAiño chamado de Albarellos.

 

O Cotiño

022

Ten 6.500 metros de superficie e está a unha altitude entre os 180 e 190 metros, cun solo de xistos moi evoluídos e abundante grabas e pedras sobre todo de seixo. Está formada por tres bancais na ladeira da montaña con lixeira orientación sur-oeste cara o Avia, que está a uns 1.000 metros. Estas características non semellan idóneas para as nosas castes tintas, polo que con orientación norte e un marco de plantación de 2, 30 x 0, 80 plantamos Sousón, Brencellao e Caiño, e ademais, por  un erro no etiquetado da planta, a variedade branca Lado.

 

O troque

007

Con 6.000 metros de superficie e unha altitude entre os 130 e os 150 metros a uns 600 metros do Avia. Ten un solo de xistos egranítico con moitos seixos. Este viñedo en forma de bumerán está formado por cinco bancais e unha rampa con orientación norte e unha pendente nese sentido que chega a ser do 40%. A orientación do viñedo nete caso é este-oeste e o marco de plantación de 2, 30 x 0, 90 metros.

Non é a mellor orientación, nin o viñedo máis solloso, pero si é ideal para a elaboración do viño xa que nel obtemos unha uva con maior acides, pero tamén ben afroitada e frescura necesaria para o equilibro do viño. As variedades plantadas son Albariño e Godello en bras, e unha variedade tinta moi precoz que é a Araúxa (tempranillo), que na primeira semana de Setembro adoita estar en plena maduración, mentres que Sousón, Brencellao e Caíño precisan agardar a finais  de setembro ou mesmo a comezo de  Outubro.

 

O Naranxo

Rectoral e igrexa de Santo André de Camporredondo dende a viña do Cajide

Con  2.000 metros de superficie e a unha altitude  de entre 140 e 150 metros a uns 900 metros do Avia. Un solo mestura de arxila con xisto e abundante pedra. Este viñedo con orientación sur está  formado por dous bancais, un deles plantado en orientación norte-sur, e o outro este-oeste. O marco de plantación é de 1,5 x 1,0 m. Neste pequeño viñedoencontramos as mellores condicións para a maduración das variedades tintas: Sousón, Brencellao, Caiño, Carabuñeira e Castañal. Mesmo unha pequena cantidade da variedade máis serodia, a Loureira.

etiqueta

 

A Orta

A  40 metros do Naranxo está este pequeño viñedo cunhas característica semellantes cun marco de plantación de 1,50 x 1,0 m e orientación sur, coas variedades tintas e algunha cepa centenaria de Garnacha tintoreira.

 

A Abeleira

Na zona urbana de Ribadavia e a 280 metros do río Avia está este viñedo a unha altitude duns 130 metros, de solo granítico, que nos últimos anos pasou dos 2.500 m. aos 1.300 m actuais formado por numerosos bancais e emparrados. Podemos atopar cepas con moitos anos de distintas variedades. Deste viñedo experimental creado hai máis de corenta anos sairon moitos dos clones das distintas variedades dos actuais viñedos.